FINANCIACIÓN

O Foro Social Local de Monforte e Comarcas é unha iniciativa, sen ánimo de lucro, de cidadanxs destas comarcas que non contan co apoio de ningunha entidade e, polo tanto, carecen de financiación. Os únicos recursos cos que contan son o propio traballo e ilusión polo proxecto. Nembargantes vanse xerar algúns gastos e gustaríanos contar coa colaboración de todxs vós. Proximamente publicaremos un listado das cousas que se necesitan.