Profesor de Xornalismo Especializado na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
Cofundador e director desde 1997 da revista mensual TEMPOS NOVOS, asi como da súa web TEMPOSDIXITAL.COM e da revista trimestral de libros ProTexta (50.000 exemplares).
Cofundador e redactor de TEIMA, o primeiro semanario de información en galego no arranque da transición (1976-77).
Director do Observatorio Galego dos Medios -Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia- e da publicación anual COMUNICACIÓN E CIDADANÍA. Revista Internacional de Xornalismo Social.
Ex Director Xeral de Cultura -Xunta de Galicia- entre 1984 e 1985, creando o Centro Dramático Galego e o Arquivo Galego da Imaxe (hoxe CGAI).
Rafa Aguiar
Raúl Asegurado Pérez
Asociación Veciñal do Saviñao
Xurxo Ayán
Raúl Asegurado Pérez é traballador social e sociólogo. Traballa nun centro de acollida de menores e está redactando a súa tese de doutoramento sobre a participación da sociedade civil na toma de decisións. Presidente de Fiare Galiza.
Asociación Veciñal do Saviñao
Xurxo Ayán
O seu pai é de Chavaga e a súa nai é de Cereixa. Arqueólogo do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC en Compostela. Especialista en Arqueoloxía Pública, ten dirixido proxectos de Arqueoloxía social coma o dos castros de Neixón, Castrolandín ou A Lanzada. Actualmente traballa nunha liña de investigación en Arqueoloxía do pasado contemporáneo, escavando escenarios da guerra civil (Fronte Norte, Batalla do Ebro) e estudando a guerrilla antifranquista e o fascismo dende unha perspectiva arqueolóxica. Asemade, segue a traballar en etnoarqueoloxía e arqueoloxía do colonialismo en Etiopía e Guiné Ecuatorial. Colabora co portal LG3 do Consello da Cultura Galega, e é articulista no Galicia Confidencial e no Xornal Certo. Edita o blogue arqueoneixon.
Asociación O Colado do Vento
Julio Des Diz
Médico en Monforte de Lemos.
Manuel Díaz Ares
Eco-emprendedor.
Antón Fernández Escuredo
Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Barcelona e con estudos de Comunicación. Ten traballado en distintos medios de comunicación e foi Subdirector e Redactor Xefe do Xornal A Peneira.
SOS - Sanidade Pública - Manuel Martín
Voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública.
Henrique Manuel Sanfiz Raposo
A Asociación cultural “O Colado do Vento” naceu oficialmente no 2008 - aínda que xa se facían actividades dende o 2006 - co obxectivo principal de dar a coñecer o inmenso Patrimonio, material e inmaterial, da Comarca de Lemos, comezando polas nosas terras de Sober.
Coñecer, valorar e preservar o noso coma un elemento imprescindible para o futuro desta Terra.
Coñecer, valorar e preservar o noso coma un elemento imprescindible para o futuro desta Terra.
Médico en Monforte de Lemos.
Manuel Díaz Ares
Eco-emprendedor.
Antón Fernández Escuredo
Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Barcelona e con estudos de Comunicación. Ten traballado en distintos medios de comunicación e foi Subdirector e Redactor Xefe do Xornal A Peneira.
SOS - Sanidade Pública - Manuel Martín
Voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública.
Henrique Manuel Sanfiz Raposo
(A Coruña, 1962) dirixe na actualidade Radio Fene, a emisora municipal do Concello de Fene. Tamén coordina Radiofusión, a programación conxunta que se realiza dende Fene para as Emisoras Municipais Galegas. Licenciado en Xeografia e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1985).
Sanfiz é dende 1985 director de Radio Fene, a emisora municipal decana de Galicia. Participou na fundación da asociación Emisoras Municipais Galegas e desempeña dende 1989 a secretaría desta entidade. Presentou ponencias en numerosos encontros e xornadas sobre a comunicación local. Entre outras acudiu a Barcelona e Zaragoza (1988) Pontevedra (1989) Paris (1991) Santiago, Silleda (1992) Ourense (1993) Cedeira (1995) Jerez de la Frontera (1997) Vigo (1998) Redondela (1999) Barcelona (2000) Redondela (2002) Santiago (2003) Barcelona e Santiago (2006).
Obras publicadas:
Pública e local. Radio municipal en Galicia. Edicións Lea. 1993.
Maniños no pasado. Concello de Fene. 1995.
As orixes de Astano. Concello de Fene. 1996.
Barallobre no pasado. Concello de Fene. 1996.
O Seixo no pasado. Seminario de Estudios de Ferrolterra. 1998.
Pancho Allegue. Historia dun compromiso. Concello de Fene. 2005.
Numerosos artigos e colaboracións con revistas e publicacións de historia e comunicación local. Como exemplo cítanse:
“Radio e mocidade. Experiencias alternativas”. En ¿Como comunicar cos xoves do ano 2000?. Santiago. 1997
“Apuntes verbo da federación agrícola Ferrol-Pontedeume. O agrarismo na comarca”. No número VI da revista eumesa de estudos “Cátedra”. 1999.
“La asociación de emisoras municipales gallegas” en
“Radiotelevisión pública local y alternativa. Perspectiva”. Sevilla. 1998.
“Els mitjans locals davant les noves tecnologies” en
Les radios municipals en el llindar del 2000. Barcelona. 2000.
Asociación Náufragos do Paradiso
Roberto Noguerol Noguerol
Somos a mocidade monfortina autoorganizada que cre que a través da participación social e das accións organizadas e planificadas por un colectivo de persoas podemos mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas do noso barrio, cidade ou pobo.
Crear o xermen do asociacionismo entre nós dende agora é vital para que no futuro poidamos estar máis unidos, compartindo unha patria común (Monforte, Ribeira Sacra) e fronte aos ataques da vida.
Ademais todos xuntos, e non en pandillas e por separado, podemos facer grandes cousas e seguramente vivir experiencias que individualmente non viviriamos.
Roberto Noguerol Noguerol
De Chantada, foi xefe de Redacción de Vieiros.
A Escola de Ensino Galego Semente
É unha iniciativa social impulsionada pola Gentalha do Pichel, Entendemos a língua galega e o seu carácter internacional como parte indissolúvel da nossa cultura, da nossa história e do nosso futuro. A Semente é um espaço de uma pedagogía transformadora ao serviço dos interesses populares. A Semente defende para o centro de ensino: Coeducaçom, laicidade,assemblearismo, interaçom com a natureza, interculturalidade, criatividade e respeito pola autoregulaçom da criança.
Nilson Leite
Recifense de nascimento (Brasil) e Compostelano de adoçao (Galiza). Pedagogo, animador socio-cultural, dramaturgo e autor do teatro do oprimido, militante da Liga Internacional dos Trabalhadores -quarta internacional (L.I.T-QI)-, membro da area pedagógica da escola de ensino galego Semente e trabalhador da ludoteca semente.
Lara Graña
Cangas do Morrazo. 20 de xuño de 1985.
Estudiei Xornalismo na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, na promoción 2003-2007. Durante a carreira traballei, con contrato en prácticas ou formación, nos seguintes medios de comunicación.
- Faro de Vigo
- Radiofusión, en Redondela
- Televisión de Galicia
- Cadena Ser
Ao finalizar a carreira entrei a formar parte do equipo da Axencia Galega de Noticias (AGN), posto que abandonei axiña por outra oferta laboral. Tratábase de gznación, portal web xa desaparecido.
No verán de 2008 empezou a rodar formalmente na Coruña o proxecto en papel de Xornal de Galicia, do que quixen formar parte no primeiro momento. Acudín á proba con outras 200 persoas e redactei unha crónica da caída bursátil do día anterior en Nova Iorque. Acababa de colapsar Lehman Brothers. E eu entrei como coordinadora de Economía da edición en papel e web de Xornal.
Aos cinco meses comecei a exercer como xefa de Economía e coordinadora do suplemento Estratexias, tamén de información económica. Puxemos en marcha o primeiro suplemento diario de economía dun periódico xeneralista, que chamamos Xornal de Economía.
A cobertura da fusión das caixas, a crise da débeda, do mercado laboral e o escándalo Madoff foron os temas que máis tempo me levaron. Xornal foi o único medio de todo o mundo que desvelou o feito de que Banco Santander coñecía as escuras manobras de Madoff.
Durante o meu traballo en Xornal colaborei a nivel particular con empresas do sector TIC e de Innovación facéndolles cobertura de información corporativa. Tamén moderei tertulias e debates sobre economía e política.
Tras o peche total de Xornal escribo nun blog para non perder o costume. www.spanishfailure.wordpress.com O Fracaso español.
Xurxo Salgado
Director do xornal dixital Galicia Confidencial.
Lidia Senra
Xornalista e investigador en comunicación. Neste campo a súa actividade centrouse na comunicación política, o estudo da opinión pública e do xornalismo dixital. Traballou en Vieiros, GzNación, La Voz de Galicia, Diario de Ferrol e a Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega. É colaborador de Tempos Novos, Murguía, ECO, Ferrol Análisis e outras publicacións especializadas. Mantén o blog Un vento vén (unventoven.blogaliza.org) e é un dos promotores de Praza Pública (http://prazapublica.com), un xornal dixital profesional, en galego, especialmente preocupado por servir de foro de debate para o cambio social e de altofalante para os movementos sociais galegos e que comezará a funcionar en xaneiro.
Enrique Sanfiz
Presidente de EMUGA: Emisoras Municipais Galegas.Xurxo Salgado
Director do xornal dixital Galicia Confidencial.
Lidia Senra
María Lidia Senra Rodríguez naceu na Pobra de Brollón no 1958.
Afiliada ao Sindicato Labrego Galego dende 1976, foi Secretaria Xeral deste dende 1989 ao 2007.
Foi integrante da Executiva da Coordenadora Labrega Europea e participa activamente nos Foros Sociais e en Vía Campesina.
Lidia Senra e o seu compañeiro sosteñen unha explotación agraria en Vedra con venda directa na que utilizan o método labrego tradicional de produción.
* Máis información:
- Entrevista para Altermundo: "Ningún país pode ter soberanía política sen ter soberanía alimentaria".
- Entrevista para o Foro Social Galego.
Equanimal
Equanimal é unha organización de activistas na defensa de todos os animais, que loita contra o especismo.
Equanimal