SOMOS


O 1º Foro Social de Monforte e Comarcas (FSM+C) do sur de Lugo é un espazo aberto de debate democrático de ideas, de afondamento da reflexión, formulación de propostas, intercambio de experiencias e artellamento de movementos sociais, redes, outras organizacións da sociedade civil que están preocupadas por la situación económica, social e medio ambiental do sur de Lugo e queren propoñer alternativas locais aos problemas globais.

O FSM+C  caracterizarase pola súa pluralidade e diversidade, tendo un carácter non confesional, non gubernamental e non partidario. O FSM+C  non é unha entidade e non pretende ser unha instancia representativa da sociedade civil da Comarca.

O FSM+C e unha posta en común das distintas sensibilidades sociais das comarcas do sur de Lugo e unha aposta polo futuro feito en común.

No hay comentarios:

Publicar un comentario